Saturday 04 de May de 2024

Nova programación durante o mes de maio nas Casas da Mocidade de Oleiros


Durante o mes de maio terán lugar numerosas actividades e obradoiros no Centro da Mocidade das Pedras (Perillo) e en Portaberta (Santa Cruz) para xuventude entre 14 e 30 anos.

As Casas da Mocidade levan adiante unha nova programación para o mes de maio no que destacan as seguintes actividades e obradoiros:

03/05/2024 – OBRADOIRO DE ARXILA FRÍA – AS PEDRAS- 17:30 a 19:30h.

04/05/2024 – EXCURSIÓNSAÍDA ÁS TERMAS – 12:0 a 22:00h.

11/05/2024 – NOITE DE EUROVISIÓN – AS PEDRAS – 21:00h a 00:00h.

18/05/2024 – XOGOS DE ROL – PORTABERTA – 17:00 a 22:00h.

25/05/2024 – SAÍDA AO ÉZARO – 08:00 a 15:00h.

21-30/05/2024 – EXPOSICIÓN ACCEM – AS PEDRAS

A inscrición nas actividades é gratuíta e finaliza o domingo anterior á realización da mesma.

Información e inscricións en centrosmocidadeoleiros.wordpress.com e teléfonos 981977944 e 981614083.

Deja un comentario